Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

A quen podemos invitar?

A quen podemos invitar?

Cada ano afanámonos por invitar á Conmemoración persoas da nosa zona que non coñecemos. Pero tamén debemos invitar as que coñecemos. A miúdo é máis fácil que unha persoa asista á Conmemoración se recibe unha invitación de alguén achegado (yb08-S páx. 11 par. 3; páx. 14 par. 1). A quen podemos invitar?

  • Familiares

  • Compañeiros de traballo ou de clase

  • Veciños

  • Persoas ás que visitamos, e os que estudan ou estudaron a Biblia con nós

Ademais, os anciáns poden invitar os inactivos. E se algún coñecido non vive preto de nós? Podemos atopar o lugar e a hora da Conmemoración da súa zona se buscamos na sección QUEN SOMOS de jw.org, e a continuación prememos en “Conmemoración”. Segundo se vaia achegando a data, pensemos nas persoas que coñecemos e invitemos tódalas que poidamos.