Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES

Ideas para conversar

Ideas para conversar

Campaña da Conmemoración (27 de febreiro–27 de marzo)

“Veño visitalo [ou chámoo ou escríbolle] para convidalo a un evento moi importante que celebraremos millóns de persoas. Trátase da Conmemoración da morte de Xesús.” Dálle unha invitación [ou failla chegar por mensaxe ou correo electrónico] á persoa. “Nesta invitación atopará a hora e o lugar onde se celebrará nesta zona [ou como vela por Internet]. Tamén o convidamos a unha conferencia especial que se presentará a semana anterior.”

Se a persoa demostra interese: Pon [ou envía por mensaxe ou correo electrónico] o vídeo Lembremos o sacrificio de Xesús.

Pregunta pendente: Por que morreu Xesús?

Primeira visita

Pregunta: Quen foi Xesús?

Texto: Mt 16:16

Pregunta pendente: Por que morreu Xesús?

ONDE APARECE ESTE TEXTO NAS FERRAMENTAS BÁSICAS DE ENSINO?

Segunda visita

Pregunta: Por que morreu Xesús?

Texto: Mt 20:28

Pregunta pendente: Como podemos agradecer que Xesús morrese por nós?

ONDE APARECE ESTE TEXTO NAS FERRAMENTAS BÁSICAS DE ENSINO?