SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN
Usemos a Palabra de Deus
A Palabra de Deus ten poder! (Heb 4:12) Incluso pode tocar o corazón dos que non coñecen a Deus (1Te 1:9; 2:13). Sentimos moita alegría cando vemos que alguén valora unha verdade da Biblia que lle estamos a mostrar.
DESPOIS DE VER O VÍDEO A ALEGRÍA DE FACER DISCÍPULOS. MELLORA AS TÚAS HABILIDADES. USA O PODER DA PALABRA DE DEUS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Como usou Iria o poder da Palabra de Deus para axudar a Rut a ver que é lóxico consultar a Biblia?
-
Como usou Iria o poder da Palabra de Deus cando lle pediu a Rut que lese un texto en voz alta e logo destacou o punto principal do versículo?
-
Como sabemos que o texto que leu Rut lle chegou ó corazón, e como cres que se sentiu Iria?