Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN

Usemos ben as preguntas

Usemos ben as preguntas

Xehová é o “Deus feliz” e quere que desfrutemos da predicación (1Ti 1:11NM). A medida que nos esforcemos por mellorar as nosas habilidades, sentiremos máis alegría. As preguntas poden espertar o interese dunha persoa e son un bo xeito de comezar unha conversa. Tamén poden animar as persoas a pensar e razoar (Mt 22:41-45). Cando facemos preguntas e escoitamos a resposta, en realidade estamos a dicir: “Impórtasme” (Snt 1:19). Escoitar o que nos din pode axudarnos a saber cal é o mellor xeito de seguir a conversa.

DESPOIS DE VER O VÍDEO A ALEGRÍA DE FACER DISCÍPULOS. MELLORA AS TÚAS HABILIDADES. USA BEN AS PREGUNTAS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que boas calidades demostrou ter Rut?

  • Que lle preguntou Iria a Rut para demostrar que se interesaba por ela?

  • Que lle preguntou Iria a Rut para que tivese máis curiosidade por saber das boas novas?

  • Que lle preguntou Iria a Rut para axudarlle a pensar e razoar?