Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Non imitemos os desleais

Non imitemos os desleais

Coré, Datán e Abiram foron desleais a Xehová cando se rebelaron contra o xeito no que el quería que o adorasen. Ó final, Xehová destruíu os rebeldes xunto cos que os apoiaron (Núm 16:26, 27, 31-33). Que situacións poden poñer a proba a nosa lealdade a Xehová? Que exemplos da Biblia nos axudarán a non ser desleais?

DESPOIS DE VER O VÍDEO NON IMITEMOS OS DESLEAIS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que situación puxo a proba a Carla, e que exemplo negativo lle axudou a ser leal?

  • Que situación puxo a proba a un irmán que se sentía decepcionado, e que exemplo negativo lle axudou a ser leal?

  • Que situación puxo a proba a Henrique, e que exemplo negativo lle axudou a ser leal?

  • Que situación puxo en proba a un irmán no instituto, e que exemplo negativo lle axudou a ser leal?