Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Tódalas probas son temporais

Tódalas probas son temporais

É fácil que as probas nos desanimen, especialmente se duran moito tempo. David sabía que os problemas co rei Xaúl rematarían e que chegaría a ser rei, tal como Xehová prometera (1Sa 16:13). A fe axudoulle a ser paciente e esperar a que Xehová resolvese a situación.

Cando pasamos por probas, nós tamén podemos actuar con prudencia e usar o coñecemento que temos e a nosa capacidade de pensar para cambiar a situación (1Sa 21:13-15 [21:12-14, TNM]; Pr 1:4). Non obstante, algúns problemas poida que non desaparezan a pesar de que fagamos todo o que podemos en harmonía cos principios bíblicos. Neses casos, debemos ter paciencia e esperar a que Xehová actúe. Pronto el rematará con todo o sufrimento e “enxugará tódalas bágoas” dos nosos ollos (Ap 21:4). Sexa que as nosas probas acaben debido a que Xehová actúe directamente ou por outros motivos, unha cousa é segura: tódalas probas son temporais. Lembrarnos disto pode axudarnos e darnos consolo.

DESPOIS DE VER O VÍDEO UN POBO UNIDO NUN MUNDO DIVIDIDO, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • A que desafíos se enfrontaron algunhas testemuñas de Xehová no sur dos Estados Unidos?

  • Como demostraron paciencia e amor?

  • Como seguiron centrándose nas cousas máis importantes? (Flp 1:10, TNM).