Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN

Axudemos ós estudantes a deixar os malos hábitos

Axudemos ós estudantes a deixar os malos hábitos

Só aqueles que se manteñen moralmente limpos poden ter unha relación estreita con Xehová (1Pe 1:14-16). Cando un estudante da Biblia deixa un mal hábito, a súa vida familiar, saúde e economía melloran.

Explícalle claramente as normas morais de Xehová, os motivos que El ten para poñelas e os beneficios de obedecelas. Céntrate en axudarlle a cambiar a súa forma de pensar e as accións virán despois (Ef 4:22-24). Asegúralle que coa axuda de Xehová poderá deixar calquera mal hábito, por moi arraigado que estea (Flp 4:13). Ensínalle a acudir a Xehová por axuda cando sinta a tentación de facer algo malo. Axúdalle a ver que situacións perigosas debería evitar. Anímao a cambiar os malos hábitos por actividades que teñan un efecto positivo nel. Sentirás moita alegría ó ver que o estudante consegue facer cambios coa axuda de Xehová.

DESPOIS DE VER O VÍDEO AXUDEMOS ÓS ESTUDANTES A DEIXAR OS MALOS HÁBITOS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como demostraron os anciáns e mais Iria que confiaban en Rut?

  • Como seguiu axudando Iria a Rut?

  • Como buscou Rut a axuda de Xehová?