A NOSA VIDA CRISTIÁ
Quen son os teus amigos en Internet?
Un amigo é unha persoa que ten unha relación de afecto ou cariño con outra. Por exemplo, David e Ionatán chegaron a ter unha amizade moi estreita despois de que David matase a Goliat (1Sa 18:1). Grazas ás boas calidades que demostraron, gañáronse o cariño un do outro. Así que, para que dúas persoas cheguen a ter unha boa amizade precisan coñecerse ben, e iso normalmente implica tempo e esforzo. Non obstante, nas redes sociais, podes facer un “amigo” con só un clic. En Internet é fácil que as persoas agochen como son en realidade, xa que poden planear exactamente o que van dicir e controlar ata certo punto o que outros pensan delas. Por iso, debes ter moito coidado á hora de decidir a quen aceptas como amigo. Non teñas medo de ignorar ou rexeitar unha solicitude de amizade de alguén que en realidade non coñeces por temor a ferir os seus sentimentos. Debido ós perigos que poden existir, algúns prefiren non usar as redes sociais. Pero se decides usalas, que deberías ter en conta?
DESPOIS DE VER O VÍDEO SE ENREDAS COAS REDES, NON TE ENREDES!, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que deberías ter en conta antes de publicar un comentario ou unha foto?
-
Por que deberías ter moito coidado ó escoller os teus amigos en Internet?
-
Por que deberías poñerlle límite ó tempo que pasas nas redes sociais? (Ef 5:15, 16).