A NOSA VIDA CRISTIÁ
Como usar os vídeos relacionados cos cursos da Biblia
Temos catro vídeos para usar na predicación relacionados cos cursos bíblicos. Con que obxectivo foi deseñado cada un?
-
Por que estudar a Biblia? (versión longa): Foi deseñado para despertar o interese das persoas na Biblia, sen importar as súas crenzas relixiosas. Este vídeo anima as persoas a buscar na Biblia as respostas ás grandes preguntas da vida. Tamén dá exemplos dalgunhas desas respostas lóxicas que se poden atopar nela e explica como solicitar un curso bíblico.
-
Por que estudar a Biblia? (versión curta): A diferenza con respecto á versión longa é que este dura menos, arredor dunha terceira parte. Isto pode facer que este vídeo sexa máis efectivo en zonas onde a xente está moi ocupada.
-
Como é un curso da Biblia?: Deseñouse para despertar o interese das persoas nos cursos bíblicos gratuítos que ofrecemos. Responde a algunhas preguntas que moita xente se fai sobre eles, como por exemplo como solicitalo.
-
Benvido ó teu curso da Biblia: Fíxose para ensinárllelo ós estudantes. Aínda que o vídeo está na páxina dúas do libro Desfruta da vida para sempre!, pode poñerse tamén cando se analice o folleto Desfruta da vida para sempre! O vídeo resume o contido do libro e explica como serán as clases.
Aínda que cada vídeo foi deseñado cun obxectivo diferente, podemos ensinar ou enviar calquera deles cando nos pareza apropiado. Anímase ós publicadores a familiarizarse con eles e a darlles un bo uso na predicación.