TESOUROS DA BIBLIA
Tes sempre en conta a Xehová?
Asá apoiouse en Xehová para vencer un exército grande (2Cr 14:8-11 [14:9-12, TNM]; w21.03 páx. 5 par. 12).
Máis tarde, cando se enfrontaba a un exército máis pequeno, Asá pediulles axuda ós sirios (2Cr 16:1-3; w21.03 páx. 5 par. 13).
Xehová sentiuse moi decepcionado cando Asá non seguiu buscando a Súa axuda (2Cr 16:7-9).
É posible que confiemos en Xehová cando nos enfrontamos a decisións que cambiarán a nosa vida. Pero, que facemos cando son decisións máis pequenas? É importante que teñamos en conta a Xehová sempre (Pr 3:5, 6; w21.03 páx. 6 par. 14).