TESOUROS DA BIBLIA
“O meu corazón e os meus ollos estarán sempre nel”
Xehová elixiu o templo para si mesmo (2Cr 7:11, 12).
Xehová dixo que o seu corazón sempre estaría no templo, demostrando que lle importaba moito o que pasaba alí (2Cr 7:16; w02 15/11 páx. 5 par. 1).
Se o pobo deixaba de servir a Xehová “de todo corazón”, el permitiría que o templo fose destruído (2Cr 6:14; 7:19-21; it-2 páx. 1098).
Cando se inaugurou o templo, o pobo probablemente pensaba que o seu corazón sempre estaría no templo. Pero tristemente foron perdendo o entusiasmo na adoración a Xehová.
PREGÚNTATE: Como estou demostrando que adoro a Xehová de todo corazón?