Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como podes axudar cando hai un desastre

Como podes axudar cando hai un desastre

Cada vez hai máis desastres naturais. Cando isto pasa, é necesario que os labores de socorro estean ben organizados e se coordinen de maneira eficiente. Por iso, o Consello Reitor decidiu que en cada sucursal haxa un Departamento de Labores de Socorro.

Cando os irmáns deste departamento son informados dun desastre natural ou doutro problema grave, inmediatamente se poñen en contacto cos anciáns locais para saber que axuda necesitan os irmáns da zona. Se os danos son tan graves que os publicadores locais non poden solucionalos, a sucursal mandará irmáns capacitados para dirixir os labores de socorro. Estes irmáns poden solicitar voluntarios ou pedir doazóns para un asunto específico. Tamén pode que eles mesmos se encarguen de comprar e distribuír os artigos necesarios.

Cando os irmáns das congregacións actúan por iniciativa propia poden producirse confusións, facerse traballos innecesarios e desperdiciarse cartos e materiais. Pero cando se seguen as pautas da organización sobre os labores de socorro, evítanse estas cousas e hai moitos beneficios.

Os irmáns nomeados pola sucursal poden decidir cantos cartos e voluntarios se necesitan. Tamén poden poñerse en contacto coas autoridades locais para que os nosos labores de socorro se fagan con máis rapidez. Así que ninguén debe tomar a iniciativa para recoller fondos, enviar provisións ou viaxar á zona afectada salvo que a organización lle solicite que o faga.

Obviamente, cando ocorre un desastre, todos desexamos axudar ós nosos irmáns porque os queremos moito (Heb 13:16). Entón, que podemos facer? O máis importante é orar polos afectados e polos que lles están axudando. Tamén podemos facer doazóns para a obra mundial. Baixo a dirección do Consello Reitor, as sucursais están na mellor posición para decidir como aproveitar ó máximo os cartos das doazóns. Se ademais desexamos participar persoalmente, podemos facernos dispoñibles enchendo a Solicitud de voluntario local de diseño y construcción (DC-50).

DESPOIS DE VER O VÍDEO GRANDES INUNDACIÓNS NO BRASIL, RESPONDE A SEGUINTE PREGUNTA:

Que foi o que máis te impresionou dos labores de socorro que fixeron as Testemuñas de Xehová despois das inundacións que houbo no Brasil en 2020?