17-23 de marzo
PROVERBIOS 5
Canción sjj 122 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Mantente ben lonxe da inmoralidade sexual
(10 min)
Cometer inmoralidade sexual pode ser moi tentador (Pr 5:3; w00 15/7 páx. 29 par. 1).
A inmoralidade sexual produce tristeza e arrepentimento (Pr 5:4, 5; w00 15/7 páx. 29 par. 2).
Mantente ben lonxe da inmoralidade sexual (Pr 5:8; w00 15/7 páx. 29 par. 5).
2. Xoias espirituais
(10 min)
-
Pr 5:9. Como pode a inmoralidade sexual darlle “o teu honor”, ou dignidade, a outros? (w00 15/7 páx. 29 par. 7)
-
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Pr 5:1-23 (th aspecto da oratoria 5).
4. Comeza conversas
(3 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Invita á Conmemoración a alguén que non se criase nunha familia ou cultura cristiá e utiliza jw.org para encontrar cal é o lugar máis próximo ó que pode asistir (lmd lección 6 punto 4).
5. Cultiva o interese
(4 min) DE CASA EN CASA. Na visita anterior, a persoa aceptou a invitación á Conmemoración e mostrou interese (lmd lección 9 punto 5).
6. Fai discípulos
(5 min) lff lección 16 resumo, repaso e intenta isto. Cando o estudante pregunte se Xesús casou, ensínalle como encontrar a resposta (lmd lección 11 punto 4).
Canción sn 52
7. Toma precaucións para manterte moralmente limpo cando saias con alguén
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Cando un home e unha muller pasan tempo xuntos e demostran que teñen interese romántico o un polo outro, dise que están saíndo ou que son noivos. Para a xente en xeral, isto é así aínda que saian en grupo ou a soas, en público ou en segredo, en persoa, por teléfono ou por mensaxe de texto. As testemuñas de Xehová non consideramos que as citas sexan para pasar o tempo, senón unha forma de coñecer a outra persoa, un paso serio antes do matrimonio. Sexas novo ou maior, cales son algunhas precaucións que che poden axudar a evitar a inmoralidade sexual cando saes con alguén? (Pr 22:3)
Pon o VÍDEO Como prepararse para o matrimonio. Parte 1: Estou listo para saír con alguén? (fragmento), e a continuación fai as seguintes preguntas:
-
Por que non deberías empezar a saír con alguén se aínda non estás preparado para o matrimonio? (Pr 13:12; Lc 14:28-30)
-
Que foi o que che gustou da forma na que os pais axudaron á súa filla?
Le Proverbios 28:26, TNM, e a continuación fai as seguintes preguntas:
-
Que pode facer unha parella para evitar situacións que os poidan levar a caer na inmoralidade sexual?
-
Por que é prudente que a parella decida con antelación que límites queren poñer ás súas mostras de cariño, como collerse da man ou bicarse?
Le Efesios 5:3, 4, TNM, e a continuación fai a seguinte pregunta:
-
Con que debe ter coidado a parella cando falan por teléfono ou polas redes sociais?
8. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 24 pars. 1-6.