Ir ó contido

Ir ó índice

28 de abril–4 de maio

PROVERBIOS 11

28 de abril–4 de maio

Canción sjj 90 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Non o digas!

(10 min)

Non digas nada que poida ferir os demais (Pr 11:9; w02 15/5 páx. 26 par. 4).

Non digas nada que poida provocar divisións (Pr 11:11; w02 15/5 páx. 27 pars. 2, 3).

Non reveles cousas que sexan confidenciais (Pr 11:12, 13; w02 15/5 páx. 27 par. 5).

PENSA NISTO: Como nos axudan as palabras que dixo Xesús en Lucas 6:45 a evitar dicir cousas que fagan dano a outros?

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Pr 11:17, TNM. Como nos beneficia demostrar bondade? (g20.1 páx. 11, recadro)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Pr 11:1-20 (th aspecto da oratoria 5).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Busca unha oportunidade para contarlle á persoa algo que aprendiches hai pouco nunha reunión (lmd lección 2 punto 4).

5. Cultiva o interese

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Ensina e comenta un vídeo do kit de ensinanza (lmd lección 8 punto 3).

6. Fai discípulos

(4 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Ofrece un curso da Biblia e explícalle á persoa en que consiste (lmd lección 10 punto 3).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 157

7. Non deixes que a túa lingua acabe coa paz

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Como somos imperfectos, ás veces imos dicir cousas que non deberiamos (Snt 3:8). Pero ser conscientes dos errores máis comúns, axudaranos a evitar dicir cousas das que nos arrepintamos despois. Estas son algunhas formas de falar que poden acabar coa paz da congregación:

  • Ser presumidos: é alardear dun mesmo, o que pode facer que outros queiran competir con nós e que sintan envexa (Pr 27:2).

  • A falta de honradez: non é soamente dicir mentiras descaradas, senón tamén dicir a propósito cousas que leven a conclusións equivocadas. Incluso unha pequena falta de honradez pode acabar coa confianza e manchar a nosa reputación (Ecl 10:1).

  • O chisme: é espallar rumores das persoas e as súas vidas distorsionando a realidade ou falando de asuntos privados (1Ti 5:13). Isto pode levarnos a discusións e a crear divisións entre os demais.

  • Falar con ira: é descargar sen control os nosos sentimentos contra alguén que nos molesta (Ef 4:26). Isto pode causar moita dor (Pr 29:22).

Pon o VÍDEO Evitemos as cousas que destrúen a paz (fragmento), e a continuación fai a seguinte pregunta:

  • Que aprendiches sobre a facilidade con que a nosa forma de falar pode alterar a paz da congregación?

Para ver como se restaurou a paz, mira o vídeo “Busca a paz e vai tras ela”.

8. Estudo bíblico de congregación

(30 min) bt cap. 25 pars. 14-21.

Comentarios de conclusión (3 min) | Nova canción para o Congreso Rexional de 2025 e oración