3-9 de Marzo
PROVERBIOS 3
Canción sn 49 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Demostra que confías en Xehová
(10 min)
Confía en Xehová e non en ti mesmo (Pr 3:5; ijwbv artigo 14 pars. 4, 5).
Demostra que confías en Xehová buscando a súa guía e obedecendo os seus consellos (Pr 3:6; ijwbv artigo 14 pars. 6, 7).
Evita o exceso de confianza en ti mesmo (Pr 3:7; be páx. 76 par. 5).
PREGÚNTATE: Busco a guía de Xehová en tódalas cousas que fago?
2. Xoias espirituais
(10 min)
-
Pr 3:3, TNM. Como podemos atar o amor leal e a fidelidade arredor do noso pescozo e escribilas na táboa do noso corazón? (w06 15/9 páx. 17 par. 7)
-
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Pr 3:1-18 (th aspecto da oratoria 12).
4. Comeza conversas
(3 min) DE CASA EN CASA. Responde a unha obxección común na túa zona (lmd lección 1 punto 5).
5. Comeza conversas
(4 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Fálalle á persoa da páxina jw.org e dálle unha tarxeta de contacto (lmd lección 3 punto 3).
6. Discurso
(5 min) w11-S 15/3 páx. 14 pars. 7-10. Título: “Demostra que confías en Deus cando as persoas do territorio mostran indiferenza” (th aspecto da oratoria 20).
Canción sjj 124
7. Demostra que confías na organización de Xehová
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Confiar nas instrucións que nos dá Xehová a través da súa palabra inspirada, a Biblia, pode ser relativamente fácil. Pero confiar nas instrucións dos homes imperfectos que levan a dianteira na organización de Xehová pode ser máis difícil, especialmente se non as entendemos ou non estamos de acordo con elas.
Le Malaquías 2:7, e a continuación fai a seguinte pregunta:
-
Por que non nos sorprende que Xehová use seres humanos imperfectos para dirixir o seu pobo?
Le Mateo 24:45, e a continuación fai a seguinte pregunta:
-
Por que podemos confiar na dirección da organización de Xehová?
Le Hebreos 13:17, e a continuación fai a seguinte pregunta:
-
Por que deberiamos apoiar as decisións daqueles nos que Xehová confía para levar a dianteira?
Pon o VÍDEO Consello Reitor. Informe 9 do 2021 (fragmento), e a continuación fai a seguinte pregunta:
-
Como fortaleceu a nosa confianza na organización de Xehová a guía que recibimos durante a pandemia?
8. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 23 pars. 9-15 e recadros das páxs. 184, 186.