Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Tendes ante vós “unha porta grande e prometedora”

Tendes ante vós “unha porta grande e prometedora”

É fácil crer que un sempre será novo e que nunca chegarán “os días malos” que acompañan a vellez neste mundo de Satánas (Ecl. 12:1). Se es novo, pensaches algunha vez en que tes tempo abondo para centrarte en obxectivos relacionados coas actividades cristiás como, por exemplo, ser pioneiro?

Todos podemos sufrir imprevistos, mesmo a xente nova (Ecl. 9:11). Ningún de nós sabe o que será da súa vida mañá (Sant. 4:14). Por iso, non pospoñas innecesariamente o teu avance en sentido espiritual. Mentres es novo, tes ante ti “unha porta grande e prometedora” (1 Cor. 16:9). Non dubides en cruzala: nunca te arrepentirás.

Algunhas metas que te podes poñer

  • Predicar noutro idioma

  • Ser pioneiro

  • Asistir a algún dos cursos teocráticos

  • Colaborar coa construción

  • Traballar en Betel

  • Servir como responsable de circuíto

Anota as túas metas como cristián