Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | PROVERBIOS 27-31

As calidades da muller xeitosa descritas na Biblia

As calidades da muller xeitosa descritas na Biblia

O capítulo 31 de Proverbios contén unha importante mensaxe: recolle os sabios consellos que a nai do rei Lemuel dá ó seu fillo acerca de que calidades debe buscar nunha muller.

A muller xeitosa é digna de confianza

31:10-12

  • Aporta boas suxestións cando hai que tomar decisións na casa respectando sempre o cabeza de familia.

  • O seu home confía en que tomará decisións sabias, e por iso non lle esixe que llo consulte todo.

A muller xeitosa é traballadora

31:13-27

  • Aprende a ser aforradora e a levar unha vida sinxela para que a súa familia leve roupa limpa e presentable, e estea ben alimentada.

  • Traballa moito e atende a súa casa día e noite.

A muller xeitosa é espiritual

31:30

  • Teme a Deus e cultiva unha relación persoal con El.