Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

O seu home é coñecido nas portas da cidade

O seu home é coñecido nas portas da cidade

Unha boa muller ten unha influencia positiva no seu home. Nos días do rei Lemuel, se un home tiña unha boa muller, era “estimado no tribunal”, ás portas da cidade (Pr. 31:23). Hoxe en día, os anciáns e os axudantes de congregación son homes respectados. Se están casados, a boa conduta e o apoio da muller contribuirán en gran medida a que cumpran ben coas súas responsabilidades na congregación (1 Tim. 3:4, 11). Tanto os seus homes coma os irmáns da congregación estímanas moito.

Como axuda unha boa muller o seu home?

  • Anímao con boas palabras (Pr. 31:26).

  • Compárteo de boa gana coa congregación (1 Tes. 2:7, 8).

  • Leva unha vida sinxela (1 Tim. 6:8).

  • Non lle pregunta por temas confidenciais relacionados coa congregación (1 Tim. 2:11, 12; 1 Pe. 4:15).