Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Que ter en conta ó planificar unha voda

Que ter en conta ó planificar unha voda

As parellas cristiás que queren casar teñen que tomar moitas decisións con respecto á voda. Se na súa contorna se adoita celebrar vodas moi custosas, poida que se lles prema para que fagan o mesmo. Ademais, se cadra amigos ou familiares con boas intencións aporten as súas propias ideas sobre o que se debería facer. Para que os plans da voda saían ben e os noivos non teñan nada que lamentar, que principios da Biblia deberían ter en conta?

DESPOIS DE VER O VÍDEO VODAS QUE LLE DAN HONRA A XEHOVÁ, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como axudaron a Nick e Julianna os seguintes textos da Biblia?

    • 1 Cor. 10:31

    • 1 Xn. 2:15, 16

    • Gál. 5:19-21

    • 1 Tim. 2:9

  • Por que deberían as parellas escoller un cristián maduro para que sexa o director do banquete? (Xn. 2:9, 10)

  • Que decidiron facer Nick e Julianna, e por que?

  • Quen é o responsable de tomar as decisións finais sobre a cerimonia e o banquete? (w06-S 15/10 páx. 25 par. 10)