LEVÍTICO 4-5
TESOUROS DA BIBLIA |Dálle o mellor a Xehová
5:5-7, 11
En Israel ser pobre non era un impedimento para que alguén fixese as paces con Xehová. Mesmo o israelita máis pobre podía ofrecer unha ofrenda que lle agradase a Xehová, sempre que lle dese o mellor. Podía ofrecerlle fariña, pero Xehová esperaba que fose da mellor calidade, a que se adoitaba usar cando viñan os invitados máis importantes (Xén. 18:6). Hoxe en día, a Xehová agrádalle o noso “sacrificio de louvanza” sempre e cando lle deamos o mellor, inda que as nosas circunstancias persoais limiten o que poidamos facer por el (Heb. 13:15).
Como te anima isto se ves que non podes facer tanto coma antes, quizais porque a túa saúde empeorou ou xa non tes tantas enerxías?