Ir ó contido

Ir ó índice

TESOUROS DA BIBLIA | LEVÍTICO 8-9

Probas da bendición de Xehová

Probas da bendición de Xehová

8:6-9, 12; 9:1-5, 23, 24

Xehová fixo que o lume consumise a primeira ofrenda queimada do recentemente instaurado sacerdocio aharónico, e así demostrou que apoiaba e aprobaba esta disposición. Deste xeito Xehová tamén animou os israelitas, que estaban reunidos alí e viron o que pasou, a dar todo o seu apoio ó sacerdocio. Hoxe en día, Xehová emprega a Xesucristo glorificado como o meirande Sumo Sacerdote (Heb. 9:11, 12). En 1919, Xesús nomeou un pequeno grupo de homes unxidos para que fosen “o criado fiel e prudente” (Mt. 24:45). Que probas hai de que o criado fiel conta coa bendición, o apoio e a aprobación de Xehová?

  • A pesar da dura persecución, o criado fiel nunca deixou de darnos información que mantén forte a nosa fe.

  • Tal como se profetizou, as boas novas estanse a predicar “en todas partes” (Mt. 24:14).

Como podemos darlle todo o noso apoio ó criado fiel e prudente?