Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como facer reunións para predicar que sexan prácticas?

Como facer reunións para predicar que sexan prácticas?

As reunións para predicar, igual que tódalas reunións de congregación, son un regalo de Xehová que nos permiten animarnos uns ós outros ó amor e ás boas obras (Heb 10:24, 25). Deberían durar entre cinco e sete minutos, incluíndo a organización dos grupos e do territorio, e tamén a oración. Cando se fan despois doutra reunión de congregación teñen que durar aínda menos. O irmán que a dirixe debe preparar algo que sexa práctico para os que van predicar ese día. Por exemplo, os sábados adoita haber moitos irmáns que non predican durante a semana, por iso podería ser bo simplemente repasar algunhas ideas para conversar coas persoas. Que outros temas poderían analizarse nas reunións para predicar para que estas sexan prácticas?

  • Unha das conversas de mostra do Caderno de Estudo Vida e Actividades Cristiás.

  • Como comezar unha conversa utilizando unha noticia recente.

  • Como vencer unha obxección común na zona.

  • Como responderlle a un ateo, a un evolucionista, a alguén que fala outro idioma ou a unha persoa que pertence a unha relixión que non é común na zona.

  • Como usar o sitio de Internet jw.org, a aplicación JW Library® ou a Biblia.

  • Como usar unha das ferramentas básicas de ensino.

  • Como participar nalgunha faceta específica da predicación como a predicación telefónica, por carta, pública, as revisitas ou os cursos da Biblia.

  • Recordatorios sobre seguridade, ser adaptables, ser considerados, ter unha actitude positiva ou temas semellantes.

  • Unha lección ou un vídeo do folleto Melloremos na lectura e no ensino.

  • Como animar e axudar o noso compañeiro de predicación.

  • Un texto bíblico relacionado coa predicación ou unha experiencia animadora.