TESOUROS DA BIBLIA
A paciencia de Xehová ten límites
Xehová permitiu que Asiria conquistase Israel (2Re 17:5, 6; it-2 páx. 903 par. 6).
Xehová castigou o seu pobo porque non deixaba de facer cousas que o ofendían (2Re 17:9-12; it-1 páxs. 444-445).
Xehová foi paciente cos israelitas e advertiunos moitas veces (2Re 17:13, 14).
O noso cariñoso pai Xehová é moi paciente cos humanos imperfectos (2Pe 3:9). Pero, para cumprir o seu propósito, moi pronto terá que acabar coas persoas malas. Por que debería isto motivarnos a corrixir os nosos erros e a predicar con urxencia?