Ir ó contido

Ir ó índice

18-24 de novembro

SALMOS 107-108

18-24 de novembro

Canción sn 23 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. “Louvade o Señor, que é bo”

(10 min)

Dunha forma parecida a como Xehová liberou o pobo de Israel de Babilonia, tamén nos liberou a nós do mundo de Satanás (Sl 107:1, 2; Col 1:13, 14).

Estar agradecidos a Xehová motívanos a louvalo na congregación (Sl 107:31, 32; w07 15/4 páx. 20 par. 2).

A nosa gratitude por Xehová aumenta cando meditamos en todo o que fixo por nós (Sl 107:43; w15 15/1 páx. 9 par. 4).

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 108:10 (108:9, TNM). Por que se comparou a Moab cun “estanque”, ou recipiente, no que se lava Deus? (it-2 páx. 409 par. 6)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 107:1-28 (th aspecto da oratoria 5).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(3 min) PREDICACIÓN INFORMAL. (lmd lección 1 punto 4)

5. Cultiva o interese

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Fálalle á persoa dos nosos cursos da Biblia, e dálle unha tarxeta Curso da Biblia gratuíto (lmd lección 9 punto 3).

6. Discurso

(5 min) g04 22/4 artigo: “Podes loitar contra o pesimismo”. Título: “Podes loitar contra o pesimismo” (th aspecto da oratoria 14).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 46

7. Cantamos para darlle as grazas a Xehová

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Despois de que Xehová liberase o asustado pobo de Israel do poderoso exército exipcio no Mar Vermello, os israelitas estaban tan agradecidos que se puxeron a cantar (Éx 15:1-19). Os homes foron os que empezaron a cantar esta nova canción (Éx 15:21b [15:21, TNM]). Xesús e os primeiros cristiáns tamén cantaron cancións de louvanza a Deus (Mt 26:30; Col 3:16). Na actualidade, nós seguimos expresándolle a Xehová a nosa gratitude cantando cancións nas reunións de congregación e nos congresos. Por exemplo, a canción que acabamos de cantar titulada “Graciñas, Xehová!” lévase cantando nas nosas reunións dende 1966.

Nalgunhas culturas, ós homes dálles vergonza cantar en público. Por outro lado, a alguén talvez lle custe cantar porque pense que non ten boa voz. Pero debemos recordar que cantar nas reunións é parte da nosa adoración a Deus. A organización de Xehová esfórzase moito por compoñer cancións bonitas e escoller as que se van cantar en cada reunión. A nós tócanos a parte fácil, que é unir as nosas voces para expresarlle o amor e agradecemento que sentimos de corazón ó noso Pai celestial.

Pon o VÍDEO Do pasado ó presente. As cancións son un regalo especial (parte 2), e a continuación fai as seguintes preguntas:

  • Que importante acontecemento sucedeu en 1944?

  • Como demostraron os nosos irmáns de Siberia o moito que valoraban cantar as cancións do Reino?

  • Por que é tan importante cantar para as testemuñas de Xehová?

8. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción snnw 137 e oración