30 de decembro de 2024–5 de xaneiro de 2025
SALMOS 120-126
Canción sn 24 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. Sementaron con bágoas, pero recolleron con alegría
(10 min)
Os israelitas alegráronse moito cando foron liberados de Babilonia para poder restaurar a adoración pura (Sl 126:1-3).
Pode ser que os que volveron a Xudea chorasen polo grande esforzo que tiveron que facer (Sl 126:5; w04 1/6 páx. 16 par. 10).
Aquelas persoas non se renderon e foron bendicidas (Sl 126:6; w21.11 páx. 24 par. 17; w01 15/7 páxs. 18-19 pars. 13, 14; ver a imaxe da do caderno de estudo).
PENSA NISTO: Cando sexamos liberados deste vello mundo no Armaxedón, que desafíos teremos durante a reconstrución? De que bendicións desfrutaremos?
2. Xoias espirituais
(10 min)
-
Sl 124:2-5. Podemos esperar que Xehová nos protexa en sentido físico igual que fixo coa nación de Israel? (cl páx. 73 par. 15)
-
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Sl 124:1–126:6 (th aspecto da oratoria 5).
4. Comeza conversas
(3 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. (lmd lección 3 punto 5)
5. Cultiva o interese
(4 min) DE CASA EN CASA. Na visita anterior, a persoa dixo que non sabía se podía confiar na Biblia (lmd lección 9 punto 5).
6. Fai discípulos
Canción sjj 155
7. As promesas de Xehová fannos felices
(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Xehová cumpriu as promesas que lle fixera ó seu pobo exiliado en Babilonia. Liberounos e curounos en sentido espiritual (Is 33:24). Tamén os protexeu a eles e ós seus animais domésticos dos leóns e outros depredadores que foran poboando a zona durante todo aquel tempo que estivo abandonada (Is 65:25). Ademais, o pobo puido desfrutar de habitar as súas propias casas e comer o froito das súas propias viñas (Is 65:21). Xehová bendiciu o seu traballo e viviron vidas longas (Is 65:22, 23).
Pon o VÍDEO A paz que Deus nos promete fainos felices (fragmento), e a continuación fai as seguintes preguntas:
-
De que maneiras experimentamos o cumprimento en sentido espiritual destas profecías na actualidade?
-
Como se cumprirán de forma literal no mundo novo?
-
Cales esperas con máis ganas?
8. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 20 pars. 8-12 e recadro da páx. 161.