Ir ó contido

Ir ó índice

4-10 de novembro

SALMO 105

4-10 de novembro

Canción snnw 152 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. “El recorda por sempre a súa alianza”

(10 min)

Xehová fíxolle unha promesa a Abrahán e repetiulla a Isaac e Xacob (Xén 15:18; 26:3; 28:13; Sl 105:8-11).

O cumprimento desa promesa podería parecer imposible (Sl 105:12, 13; w23.04 páx. 28 pars. 11, 12).

Xehová nunca esqueceu o seu pacto, ou alianza, con Abrahán (Sl 105:42-44; it-2 páx. 581 par. 2).


PREGÚNTATE: Como me axuda saber que podo confiar plenamente en Xehová?

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 105:4. Por que debemos buscar o “Señor e o seu poder”? (w00 1/3 páx. 15 pars. 6, 7)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 105:24-45 (th aspecto da oratoria 5).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(1 min) DE CASA EN CASA. A persoa está ocupada (lmd lección 2 punto 5).

5. Comeza conversas

(2 min) DE CASA EN CASA. Termina a conversación de forma amigable cando a persoa empece a discutir (lmd lección 4 punto 5).

6. Cultiva o interese

(4 min) DE CASA EN CASA. Ofrécelle á persoa unha revista que trate sobre un tema no que xa demostrara interese (lmd lección 8 punto 3).

7. Cultiva o interese

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Fálalle á persoa da aplicación JW Library® e axúdalle a descargala (lmd lección 9 punto 5).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 84

8. Formas de demostrar o teu amor

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Cando usamos o noso tempo, enerxías e recursos para apoiar as actividades do Reino, demostramos canto amamos o noso Rei, Xesucristo. Con estas mostras de amor gañámonos o cariño de Xehová e axudamos ós nosos irmáns e irmás (Xn 14:23). Na serie de artigos de jw.org “Como se usan as túas doazóns” podemos ver o grande impacto que teñen as nosas doazóns na irmandade mundial.

Pon o VÍDEO O poder das túas doazóns, e a continuación fai as seguintes preguntas:

  • Como se beneficiaron ata agora os nosos irmáns do uso que se lles dá ás doazóns para defender a liberdade relixiosa?

  • Como axudou á construción de Salóns do Reino que houbese unha “igualdade”, ou equilibrio, no uso dos fondos? (2Co 8:14)

  • Que avances houbo na tradución da Biblia a diferentes idiomas grazas ó uso das doazóns?

9. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sjj 97 e oración