Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Como dar bos comentarios

Como dar bos comentarios

Os bos comentarios edifican os nosos irmáns (Rm. 14:19). Ademais, tamén benefician a quen os dá (Pr. 15:23, 28). Polo tanto, deberiamos esforzarnos por comentar polo menos unha vez en cada reunión. Normalmente, non nos van dar comentario cada vez que levantemos a man; por iso é mellor que levemos varios preparados.

Un bo comentario...

  • é sinxelo, claro e breve. Debería durar como máximo uns trinta segundos.

  • é mellor se utilizamos as nosas palabras.

  • non é unha repetición innecesaria doutro comentario.

Se nos dan o primeiro comentario...

  • debemos dar unha resposta sinxela e directa á pregunta.

Se xa se respondeu á pregunta, podemos...

  • mostrar como un texto bíblico citado apoia o punto que se está a analizar.

  • mencionar que efecto ten na nosa vida.

  • explicar como podemos poñer en práctica a información.

  • relatar brevemente unha experiencia que destaque un punto clave.