Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

O amor distingue os cristiáns. Non busca a súa comenencia, non se alporiza

O amor distingue os cristiáns. Non busca a súa comenencia, non se alporiza

POR QUE É IMPORTANTE?. Xesús ensinou que o amor distinguiría os seus discípulos (Xn. 13:34, 35). Demostramos amor cristián cando pensamos nos demais e nos esforzamos por non alporizarnos (1 Cor. 13:5).

COMO FAGO?

  • Cando alguén faga ou diga algo que che doa, párate a pensar na causa do problema e nas consecuencias de non controlarte (Pr. 19:11).

  • Lembra que todos somos imperfectos. Ás veces, facemos ou dicimos cousas que despois lamentamos.

  • Resolve o desacordo o antes posible.

DESPOIS DE VER O VÍDEO QUERÉDEVOS UNS ÓS OUTROS. O AMOR NON BUSCA A SÚA COMENENCIA, NON SE ALPORIZA, RESPONDE ÁS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Por que dirías que Dani reaccionou de forma esaxerada á suxestión de Andrés?

  • Como lle axudou a Andrés pararse a pensar e, deste xeito, non alporizarse?

  • Como conseguiu Andrés distender a situación coa súa reacción?

Que efectos positivos ten na congregación que non nos alporicemos?