Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Campaña especial en novembro para anunciar o Reino de Deus

Campaña especial en novembro para anunciar o Reino de Deus

Xesús anunciou “o Reino de Deus” (Lc. 4:43). Tamén lle ensinou á xente a orar por ese Reino (Mt. 6:9, 10). Durante novembro faremos un esforzo especial por falarlles a outros sobre o Reino de Deus (Mt. 24:14). Axusta o teu horario para participar ó máximo nesta campaña. Todos aqueles que sirvan como pioneiros auxiliares durante ese mes poderán escoller entre predicar trinta ou cincuenta horas.

Comparte un texto bíblico que fale do Reino de Deus con tanta xente como che sexa posible na túa zona. Á hora de escoller un texto, pensa nos antecedentes relixiosos das persoas. Se durante a primeira visita alguén demostra estar interesado, entrégalle unha copia da edición para o público de La Atalaya núm. 2 de 2020. Despois, mira de contactar coa persoa o antes posible para cultivar o seu interese, e intenta comezar un curso da Biblia usando unha publicación das nosas ferramentas básicas de ensino. Queda moi pouco para que o Reino de Deus destrúa tódolos gobernos que se opoñen a el (Dn. 2:44; 1 Cor. 15:24, 25). Polo tanto, aproveitemos ó máximo esta oportunidade especial de demostrar a nosa lealdade a Xehová e ó seu Reino.

O Reino de Deus fará que a Terra sexa un paraíso!