Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Valoremos a nosa relación con Xehová

Valoremos a nosa relación con Xehová

As testemuñas de Xehová temos un privilexio especial. Como cristiáns dedicados e bautizados, seguimos cultivando unha relación íntima e persoal co Señor Soberano Xehová. El fixo posible que nos acheguemos a el por medio do seu Fillo (Xn. 6:44). Tamén escoita as nosas oracións (Sal. 34:16 [34:15, NM]).

Como podemos protexer a fermosa relación que temos con Deus? Un xeito é evitando o mal proceder dos israelitas. Pouco despois de facer un pacto con Xehová, fixeron un becerro de ouro e caeron na idolatría (Éx. 32:7, 8; 1 Cor. 10:7, 11, 14). Poderiamos preguntarnos: “Como reacciono cando me enfronto a unha tentación? Amosan as miñas accións que valoro a miña relación con Xehová?”. O profundo amor que sentimos polo noso Pai celestial axudaranos a fuxir das cousas que el odia (Sal. 97:10).

DESPOIS DE VER O VÍDEO PROTEXE A TÚA RELACIÓN CON XEHOVÁ (COL. 3:5), RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que é a cobiza?

  • Por que deberiamos rexeitar a cobiza e a idolatría?

  • Que relación hai entre o adulterio e a idolatría?

  • Por que en especial os que teñen responsabilidades na organización deben asegurarse de coidar das necesidades da súa parella?