A NOSA VIDA CRISTIÁ
Melloremos as nosas habilidades na predicación. Como empezar conversas que poden darnos a oportunidade de predicar
Xesús puido predicarlle á samaritana porque empezou por conversar con ela. Como podemos ser máis hábiles ó iniciar conversas con persoas que non coñecemos?
-
Sexamos amigables e conversemos coas persoas. Inda que estaba canso, Xesús comezou con algo tan sinxelo coma pedir auga. Por que non empezas saudando e, por exemplo, falando do tempo ou de calquera noticia de actualidade? Recorda que o obxectivo inicial é simplemente empezar unha conversa. Fala de algo que creas que lle poida interesar á persoa. Se non responde, non pasa nada, inténtao con outra. Pídelle a Xehová que che dea valor para facelo (Neh. 2:4; Feit. 4:29).
-
Esteamos atentos a calquera oportunidade de falar das boas novas, pero sen precipitarnos. A conversa debe fluír naturalmente. Se a forzas, é probable que a persoa se sinta incómoda e lle poña fin á conversa. Non te desanimes se ó final non consegues predicarlle. Se che intimida a idea de falar das boas novas durante a conversa, por que non probas a iniciar conversas sen o obxectivo de predicar? [Pon o vídeo 1 e coméntao coa axuda do auditorio.]
-
Tentemos crear a oportunidade de predicar. Por exemplo, proba a comentar con convicción algunha das nosas crenzas, de xeito que a persoa queira saber máis. Xesús fixo algunhas afirmacións que espertaron a curiosidade da samaritana. De feito, cando finalmente lle falou das boas novas, simplemente estaba a responderlle ás súas preguntas [Pon o vídeo 2 e coméntao coa axuda do auditorio. A continuación pon o vídeo 3 e coméntao coa axuda do auditorio.]