Ir ó contido

Ir ó índice

SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN

Aceptemos a axuda dos irmáns

Aceptemos a axuda dos irmáns

Xehová dános axuda por medio dos nosos “irmáns en todo o mundo” (1Pe 5:9). Eles poden axudarnos a superar os desafíos que atopemos na predicación. Por exemplo, o apóstolo Paulo recibiu o apoio de irmáns como Áquila, Priscila, Silas, Timoteo e outros (Fei 18:1-5).

Como che poden axudar os irmáns na predicación? Poden darche bos consellos para vencer obxeccións, volver visitar as persoas, ou ofrecer e impartir cursos da Biblia. Pensa nalgún irmán da congregación que che poida dar a axuda que precisas e pídella. Os dous obteredes beneficios e sentiredes máis alegría (Flp 1:25).

DESPOIS DE VER O VÍDEO A ALEGRÍA DE FACER DISCÍPULOS. ACEPTA A AXUDA DE XEHOVÁ. OS NOSOS IRMÁNS, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Como intentou Iria animar a Rut para que fose ás reunións?

  • Por que deberiamos invitar a outros publicadores a acompañarnos ós cursos da Biblia?

  • Precísase toda unha congregación para facer un discípulo

    Que cousas tiñan en común Rut e Sarai?

  • Que habilidades para a predicación podemos aprender dos irmáns?