Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sigamos adestrando a nosa capacidade de decidir

Sigamos adestrando a nosa capacidade de decidir

Para manterse en forma, un atleta precisa seguir adestrando a súa musculatura. Do mesmo xeito, debemos seguir esforzándonos por adestrar a nosa capacidade de distinguir o bo do malo (Heb 5:14). Aínda que pode ser máis fácil limitarse a copiar as decisións doutros, debemos exercitar a nosa habilidade de pensar e decidir por nós mesmos. Por que? Porque “cada un de nós dará conta de si a Deus” (Rm 14:12).

Non debemos pensar que tomaremos boas decisións simplemente por levar moitos anos bautizados. Para decidir sabiamente precisamos confiar por completo en Xehová, na súa Palabra e na súa organización (Xos 1:7, 8; Pr 3:5, 6; Mt 24:45).

DESPOIS DE VER O VÍDEO “TEDE A CONCIENCIA LIMPA”, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que decisión tiña que tomar Emma?

  • Por que deberiamos evitar dar a nosa opinión persoal sobre asuntos de conciencia?

  • Que bo consello lle deu un matrimonio a Emma?

  • Onde atopou Emma información útil para a súa situación?