SEXAMOS MELLORES MESTRES | SINTAMOS MÁIS ALEGRÍA NA PREDICACIÓN
Usemos as ferramentas de investigación
Xehová dános ferramentas para que sexamos mestres hábiles, como vídeos, folliñas, folletos, libros e a Biblia, que é a principal (2Ti 3:16). Tamén nos dá ferramentas de investigación que nos poden axudar a explicar o que din as Escrituras. Entre elas están o programa Watchtower Library, a aplicación JW Library®, a BIBLIOTECA EN LIÑA Watchtower™ e a Guía de estudio para los testigos de Jehová.
A medida que uses tódalas ferramentas dispoñibles para afondar no teu estudo da Biblia, sentirás máis alegría. Ensínalles ós teus estudantes como usalas. Así eles tamén sentirán a alegría de atopar resposta ás súas preguntas sobre a Biblia.
DESPOIS DE VER O VÍDEO A ALEGRÍA DE FACER DISCÍPULOS. ACEPTA A AXUDA DE XEHOVÁ. AS FERRAMENTAS DE INVESTIGACIÓN, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que obxección puxo Rut sobre a creación?
-
Onde atopou Iria información sobre o tema?
-
Como escolleu a información máis axeitada para Rut?
-
Que efecto tivo en Iria usar as ferramentas de investigación?