A NOSA VIDA CRISTIÁ
Cóntalles a todos que pronto virá un mundo mellor
Durante novembro, faremos un esforzo especial por compartir a boa noticia de que pronto viviremos nun mundo mellor (Sl 37:10, 11; Ap 21:3-5). Axusta o teu horario para participar ó máximo nesta campaña. Se serves como pioneiro auxiliar durante ese mes, poderás escoller entre predicar trinta ou cincuenta horas.
Comparte un texto bíblico que fale do novo mundo con tanta xente como che sexa posible. Á hora de escoller un texto, ten en conta o que lles interesa ás persoas da túa zona. Se durante a primeira visita alguén demostra estar interesado, entrégalle unha copia da edición para o público de La Atalaya núm. 2 de 2021 en español. No caso de que a persoa prefira recibir información en galego, poderás ofrecer unha publicación axeitada das ferramentas básicas de ensino en galego. Despois, mira de contactar coa persoa o antes posible e intenta comezar un curso da Biblia usando o folleto Desfruta da vida para sempre! Que alegría estar ocupados en compartir boas noticias de algo mellor! (Is 52:7).
DESPOIS DE VER O VÍDEO MUSICAL O NOVO MUNDO QUE VIRÁ, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que futuro marabilloso está imaxinando a nena?
-
Que esperas con máis ganas do novo mundo?
-
Por que reflexionar na túa esperanza che axudará a participar ó máximo na campaña de novembro? (Lc 6:45).