A NOSA VIDA CRISTIÁ
Usa na predicación as novas ferramentas: Desfruta da vida para sempre!
Estamos moi emocionados por ter un novo folleto e un novo libro para dar clases da Biblia. Pedímoslle a Xehová que bendiga os nosos esforzos por facer moitos máis discípulos (Mt 28:18-20; 1Co 3:6-9). Como podemos usar estas novas ferramentas?
Como o libro Desfruta da vida para sempre! Curso da Biblia interactivo usa un novo método de ensino, debemos ter en conta as seguintes instrucións á hora de prepararnos e impartir cursos da Biblia: *
-
Lede a información e analizade as preguntas.
-
Lede os textos marcados con “le” e “lede” e axuda ó estudante a entender o que estes ensinan.
-
Vede os vídeos e analizádeos xuntos usando as preguntas que aparecen na publicación.
-
Intenta abarcar unha lección completa en cada sesión de estudo.
Na predicación, primeiro ofrece o folleto para determinar se a persoa está interesada en estudar a Biblia (ver o recadro “ Como ofrecer o folleto Desfruta da vida para sempre! na primeira visita”). Se xa rematastes de estudar o folleto e a persoa desexa continuar co curso, ofrécelle o libro e empezade na lección 4. Se estás a estudar con alguén os libros Que nos ensina? ou Continúa, fai o cambio ó libro Desfruta da vida para sempre! e decide en que lección comezar.
DESPOIS DE VER O VÍDEO BENVIDO Ó TEU CURSO DA BIBLIA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Que aprenderán os estudantes co novo libro?
-
Por que deberiamos mostrar este vídeo ós novos estudantes?
-
Que obxectivos debes animar o estudante a alcanzar de forma progresiva? (Ver o recadro “ Ideas principais e obxectivos de cada sección”).
^ par.4 NOTA: Aínda que é opcional considerar a sección “Investiga” durante a clase, dedica tempo a ler cada artigo e ver cada vídeo cando te prepares. Así saberás que información lle pode axudar e interesar especialmente ó estudante. A publicación en formato dixital inclúe enlaces ós vídeos e á información adicional.
IDEAS PRINCIPAIS E OBXECTIVOS DE CADA SECCIÓN |
|||
---|---|---|---|
LECCIÓNS |
IDEAS PRINCIPAIS |
OBXECTIVOS PARA O ESTUDANTE |
|
1-12 |
Descubre como che pode axudar a Biblia e como podes chegar a coñecer o seu autor. |
Anima o estudante a ler a Biblia, a prepararse para a clase e a asistir ás reunións. |
|
13-33 |
Descubre o que fixo Deus por nós e o tipo de adoración que lle agrada. |
Motiva o estudante a falarlles da verdade a outros e a chegar a ser publicador. |
|
34-47 |
Analiza que espera Deus dos que o adoran. |
Anima o estudante a dedicar a súa vida a Xehová e a bautizarse. |
|
48-60 |
Aprende como manterte no amor de Deus. |
Ensínalle ó estudante a distinguir o que está ben do que está mal e a achegarse máis a Deus. |