A NOSA VIDA CRISTIÁ
O matrimonio. Unha unión para toda a vida
Un matrimonio cristián que segue os principios bíblicos honra a Xehová e fai feliz tanto ó home coma á muller (Mc 10:9). Para ter un matrimonio feliz e duradeiro, os cristiáns xa teñen que ter en conta o que di a Biblia cando escollen a persoa coa que casar.
Non sería sabio que empezases unha relación romántica se aínda non pasaches “a flor da xuventude”, a época na que os desexos sexuais son tan fortes que é difícil tomar boas decisións (1Co 7:36, TNM). O mellor sería que aproveitases eses anos para fortalecer a túa amizade con Deus e mellorar en calidades cristiás. Así estarás máis preparado para conseguir un matrimonio feliz.
Antes de decidir casar cunha persoa, dedica tempo a coñecer a súa “personalidade escondida [...] no corazón” (1Pe 3:4). Se tes dúbidas mentres sodes mozos, fala delas coa túa parella. Debes ter en conta que no matrimonio hai que pensar máis no que podes dar que no que vas conseguir (Flp 2:3, 4). Se aplicas os principios bíblicos cando aínda sodes mozos, serache máis fácil seguir aplicándoos despois de casar, e conseguirás un matrimonio feliz.
DESPOIS DE VER O VÍDEO COMO PREPARARSE PARA O MATRIMONIO. PARTE 3: “PENSAR NO PRESUPOSTO”, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Como empezou a relación da parella do vídeo?
-
De que se deu conta ela cando chegou a coñecelo mellor?
-
Como a axudaron seus pais? Que boa decisión tomou ela?