Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Afrontemos os problemas económicos con confianza

Afrontemos os problemas económicos con confianza

A vida nestes últimos días está chea de desafíos. Canto máis nos acerquemos ó final deste sistema de cousas, máis dificultades teremos. Quizais nalgún momento teñamos necesidade dalgunha cousa (Hab 3:16-18). Que nos vai axudar a estar tranquilos cando nos enfrontemos ós problemas? Debemos seguir confiando no noso Deus, Xehová. El promete coidar dos seus servos e pode axudarlles en calquera circunstancia (Sl 37:18, 19; Heb 13:5, 6).

O que podes facer:

  • Suplícalle a Xehová que che dea guía, sabedoría e apoio (Sl 62:9 [62:8, TNM]).

  • Non poñas impedimento en aceptar traballos que nunca fixeches (g-S 1/10 páxs. 8-9, recadros).

  • Mantén unha boa rutina espiritual que inclúa ler a Biblia tódolos días, asistir ás reunións e participar na predicación.

DESPOIS DE VER O VÍDEO EDIFICA UNHA CASA QUE AGUANTE. “CONTENTÁDEVOS CO QUE TEDES”, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que desafíos teñen que afrontar algunhas familias?

  • Que é o máis importante na vida?

  • Como podemos axudar a quen ten problemas económicos?