A NOSA VIDA CRISTIÁ
Busca sabedoría para a vida diaria en JW.ORG
A Palabra de Deus dános todo o que necesitamos para enfrontarnos ás dificultades destes últimos días (2Ti 3:1, 16, 17). Aínda así, ás veces fainos falta axuda para encontrar os principios bíblicos que aplican á nosa situación en concreto. Por exemplo, es un pai que busca consellos para criar os seus fillos? Es un adolescente que sente que a súa fe se está poñendo a proba? Es un viúvo que está chorando a perda da súa parella? En jw.org encontrarás principios bíblicos específicos que che axudarán nestas e noutras moitas situacións (Pr 2:3-6).
Na páxina de inicio de jw.org, vai á pestana ENSINANZAS DA BIBLIA (Ver a imaxe 1). Dende o menú despregable, selecciona a categoría que che interese. Ou vai a BIBLIOTECA > SERIES DE ARTIGOS e escolle a categoría que prefiras (Ver a imaxe 2). Podes facer o mesmo en JW Library®. a Verás como che gusta ir vendo os diferentes artigos que hai! Outra cousa que podes facer é escribir un tema específico no cadro de busca que hai en jw.org arriba á dereita.
Escribe os temas que aparecen a continuación no cadro de busca e anota os artigos que che gustaría ler:
-
Educación dos fillos
-
Problemas dos adolescentes
-
Morte da parella
a No caso dalgunhas series, só aparecen tódolos artigos en jw.org.