Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Confía en Xehová cando che fagan bullying

Confía en Xehová cando che fagan bullying

Os abusóns pódennos causar dolor físico e emocional. Incluso poderían prexudicar a nosa amizade con Xehová se nos deixamos intimidar cando se opoñen á nosa adoración a Deus. Entón, como podes protexerte dos abusóns?

Moitas testemuñas de Xehová puideron facerlles fronte ós abusóns grazas a que confiaron en Deus (Sl 18:18 [18:17, TNM]). Por exemplo, Ester revelou cales eran os plans dun abusón chamado Hamán (Est 7:1-6). Antes de facer iso, ela xaxuou para demostrar que confiaba en Xehová (Est 4:14-16). Xehová bendiciu as súas accións e protexeu tanto a ela coma o seu pobo.

Cando te enfrontes a un abusón, pídelle axuda a Xehová e fala do problema cun adulto maduro, por exemplo cos teus pais. Podes estar seguro de que Xehová che axudará igual que axudou a Ester. Que máis podes facer se che fan bullying?

DESPOIS DE VER O VÍDEO A MIÑA VIDA COMO ADOLESCENTE. QUE FAGO SE ME FAN BULLYING?, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:

  • Que poden aprender os rapaces do exemplo de Charlie e de Ferin?

  • Que poden aprender os pais dos comentarios de Charlie e Ferin sobre como axudar ós fillos cando lles fan bullying?