16-22 de setembro
SALMOS 85-87
Canción sjj 41 e oración | Comentarios de introdución (1 min)
1. A oración axúdanos a aguantar
(10 min)
Pídelle a Xehová que che axude a ser feliz (Sl 86:4).
Pídelle a Xehová que che axude a manterte fiel (Sl 86:11, 12; w12 15/5 páx. 25 par. 10).
Confía en que Xehová responderá as túas oracións (Sl 86:6, 7; w23.05 páx. 13 pars. 17, 18).
PREGÚNTATE: Cando teño problemas, oro máis veces e durante máis tempo? (Sl 86:3)
2. Xoias espirituais
(10 min)
-
Sl 86:11. Que aprendemos sobre o corazón na oración de David? (it-1 páx. 551 par. 5)
-
Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?
3. Lectura da Biblia
(4 min) Sl 86:1–87:7 (th aspecto da oratoria 12).
4. Comeza conversas
(3 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Ofrece un curso da Biblia (lmd lección 3 punto 5).
5. Cultiva o interese
(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Ofrécelle un curso da Biblia a unha persoa que no pasado che dixo que lle preocupaba algún suceso actual (lmd lección 7 punto 4).
6. Fai discípulos
(5 min) lff lección 15 punto 5. Fala co teu estudante sobre os plans que fixeches para que a semana que vén poida continuar co curso aínda que ti marches de viaxe (lmd lección 10 punto 4).
Canción sjj 83
7. Non te rendas
(5 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Pon o VÍDEO e despois fai as seguintes preguntas:
-
Por que ás veces nos dan ganas de deixar de predicar?
-
Por que non deberiamos rendernos?
8. Non deixes de ofrecer cursos da Biblia!
(10 min) Discurso con comentarios do auditorio.
Empezaches algún curso da Biblia co folleto Desfruta da vida para sempre! durante a campaña especial deste mes? Se ese é o teu caso, seguro que estás moi contento! Ademais, os teus resultados tamén poderán animar a outros. Por outro lado, se aínda non conseguiches empezar un curso da Biblia, quizais te preguntes se serven de algo os teus esforzos. Que podes facer se isto te desanima?
Pon o VÍDEO “Recomendámonos como ministros de Deus [...] sendo pacientes”. Cando predicamos. Despois fai as seguintes preguntas:
-
Como pode axudarnos 2 Corintios 6:4, 6 (TNM) se sentimos que a nosa predicación é coma un burato negro?
-
Que cambios podes facer se sentes que os teus esforzos por empezar un curso da Biblia non dan resultados?
Recorda que a nosa alegría non depende de cantos cursos da Biblia empecemos ou dirixamos. Máis ben é o resultado de saber que Xehová está contento cos nosos esforzos (Lc 10:17-20). Así que sigamos participando nesta campaña especial de todo corazón sabendo que “os [nosos] esforzos coma cristiáns non son en balde” (1Co 15:58).
9. Estudo bíblico de congregación
(30 min) bt cap. 15 pars. 13, 14 e recadro da páx. 121.