Ir ó contido

Ir ó índice

2-⁠8 de setembro

SALMOS 79-81

2-⁠8 de setembro

Canción sn 34 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Demostra amor polo glorioso nome de Xehová

(10 min)

Non fagas nada que deshonre a Xehová (Sl 79:9; w17.02 páx. 9 par. 5).

Invoca o nome de Xehová (Sl 80:19 [80:18, TNM]; ijwbv artigo 3 pars. 4, 5).

Xehová recompensa xenerosamente os que o obedecen e demostran amor polo seu nome (Sl 81:14, 17 [81:13, 16, TNM]).

Para que a nosa conduta fale ben do nome de Xehová, temos que identificarnos como as súas Testemuñas.

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 80:2 (80:1, TNM). Por que se usaba ás veces o nome de Xosé para falar de tódalas tribos de Israel? (it-2 páx. 127)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 79:1–80:8 (79:1–80:7, TNM) (th aspecto da oratoria 10).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(1 min) DE CASA EN CASA. Ofrece un curso da Biblia (lmd lección 4 punto 4).

5. Comeza conversas

(3 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Ofrece un curso da Biblia (lmd lección 4 punto 3).

6. Comeza conversas

(2 min) PREDICACIÓN PÚBLICA. Ofrece un curso da Biblia (lmd lección 3 punto 3).

7. Cultiva o interese

(5 min) DE CASA EN CASA. Ofrece un curso da Biblia a alguén que no pasado o rechazase pero que agora está interesado (lmd lección 8 punto 3).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 10

8. “Eles santificarán o meu Nome”

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Satanás empezou a calumniar o nome de Xehová no xardín de Edén. Dende entón, a decisión máis importante que teñen que tomar tódolos humanos e anxos é decidir se van vindicar o nome de Xehová ou non.

Pensa nalgunhas das mentiras tan horribles que Satanás espallou sobre Xehová. Acúsao de ser un gobernante duro e cruel (Xén 3:1-6; Xob 4:18, 19). Di que os que o adoran non o aman de verdade (Xob 2:4, 5). Incluso convenceu millóns de persoas de que Xehová non é o Creador da natureza que nos rodea (Rm 1:20, 21).

Como te fan sentir estas mentiras? Seguro que queres defender a Xehová! El sabía que o seu pobo querería santificar o seu nome (compara con Isaías 29:23). Como podes axudar a conseguilo?

  • Axuda a outros a coñecer e amar a Xehová (Xn 17:25, 26). Prepárate para poder demostrar con probas que existe e ensinarlles a outros sobre as súas marabillosas cualidades (Is 63:7).

  • Ama a Xehová con todo o teu corazón (Mt 22:37, 38). Obedece os mandatos de Deus non só porque sexa bo para ti, senón porque tamén queres facer feliz a Xehová (Pr 27:11).

Pon o VÍDEO O amor nunca falla... a pesar das malas influencias na escola. Despois fai as seguintes preguntas:

  • Como defenderon Ariel e Diego o nome de Xehová?

  • Por que querían defender a Xehová?

  • Como podes imitar o seu exemplo?

9. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción sjj 90 e oración