Ir ó contido

Ir ó índice

7-13 de outubro

SALMOS 92-95

7-13 de outubro

Canción sjj 84 e oración | Comentarios de introdución (1 min)

TESOUROS DA BIBLIA

1. Servir a Xehová é a mellor vida que hai!

(10 min)

Xehová merece a nosa adoración (Sl 92:2, 5 [92:1, 4, TNM]; w18.04 páx. 26 par. 5).

El dálle ós seus servos moita sabedoría para tomar boas decisións e ser felices (Sl 92:6 [92:5, TNM]; w18.11 páx. 20 par. 8).

Deus valora moito os que o serven, incluso cando xa van maiores (Sl 92:13-16 [92:12-15, TNM]; w20.01 páx. 19 par. 18).

PREGÚNTATE: Que me impide dedicarme a Xehová e bautizarme?

2. Xoias espirituais

(10 min)

  • Sl 92:6 (92:5, TNM). Por que describen ben estas palabras a sabedoría de Xehová? (cl páx. 176 par. 18)

  • Que xoias espirituais atopaches na lectura bíblica desta semana?

3. Lectura da Biblia

(4 min) Sl 94:1-23 (th aspecto da oratoria 5).

SEXAMOS MELLORES MESTRES

4. Comeza conversas

(4 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Durante a conversación crea unha oportunidade para falarlle á persoa sobre o teu labor como mestre da Biblia (lmd lección 5 punto 3).

5. Cultiva o interese

(3 min) PREDICACIÓN INFORMAL. Ofrece un curso da Biblia a alguén que no pasado o rechazase pero que agora está interesado (lmd lección 8 punto 4).

6. Fai discípulos

(5 min) Conversa cun estudante da Biblia que non progresa (lmd lección 12 punto 5).

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Canción sjj 5

7. Cando os rapaces se senten superados pola ansiedade

(15 min) Discurso con comentarios do auditorio.

Os servos de Xehová non son inmunes á ansiedade. Por exemplo, David tivo ansiedade en diferentes momentos da súa vida, e o mesmo lles pasa a moitos dos nosos irmáns hoxe en día (Sl 13:3 [13:2, TNM]; 139:23). Tristemente, isto tamén lles afecta ós máis novos. Ás veces, a ansiedade pode facer que actividades diarias como ir á escola ou ás reunións sexan demasiado para eles. Incluso pode provocarlles ataques de pánico ou que teñan pensamentos suicidas.

Rapaces, se algunha vez sentides que vos supera a ansiedade, falade cun dos vosos pais ou cun adulto maduro. Tamén vos podedes dirixir a Xehová en oración para que vos bote unha man (Flp 4:6). El sempre vos vai axudar (Sl 94:17-19; Is 41:10). Vexamos o exemplo de Steing.

Pon o VÍDEO Xehová coidou de min. A continuación, fai as seguintes preguntas:

• Que versículo da Biblia axudou a Steing, e por que?

• Como lle axudou Xehová?

Pais, podedes axudarlles ós vosos fillos a facerlle fronte á ansiedade escoitándoos con paciencia, demostrándolles que os queredes e axudándolles a aumentar a súa confianza no amor de Xehová (Tit 2:4; Snt 1:19). Confiade en que Xehová vos dará o consolo e as forzas que necesitades para apoiar os vosos fillos.

Pode que non saibamos se un irmán da congregación está loitando contra unha ansiedade moi forte ou que non entendamos como se sente. Aínda así, podemos axudar se facemos que todos se sintan queridos e benvidos na congregación (Pr 12:25; Heb 10:24).

8. Estudo bíblico de congregación

Comentarios de conclusión (3 min) | Canción snnw 140 e oración