Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Sexamos mellores mestres. Como preparar o terreo para a seguinte visita

Sexamos mellores mestres. Como preparar o terreo para a seguinte visita

POR QUE É IMPORTANTE?

Temos a responsabilidade de regar as sementes da verdade que plantamos (1Cor. 3:6). Por iso, cando atopamos a alguén que se interesa na mensaxe da Biblia, é importante que deixemos unha pregunta para contestar na seguinte visita. Deste xeito creamos expectación na persoa e para nós será máis fácil prepararnos para volver. Poderiamos dicirlle que a visitamos para contestar a pregunta que deixamos sen responder na visita anterior.

COMO FAGO?

  • Ó preparar a túa presentación para ir de casa en casa, pensa tamén nunha pregunta para comentar na seguinte visita. Podería ser algo que se conteste na publicación que esteas presentando, ou na publicación de estudo que teñas pensado ofrecer cando volvas.

  • Antes de concluír a coversa, se percibes que a persoa ten interés dille que che gustaría volver falar con ela. A continuación, faille a pregunta que contestarás na seguinte visita. Se o ves oportuno, pídelle algún dato de contacto.

  • Se quedas de volver a certa hora, cumpre a túa palabra (Mt. 5:37).