SEXAMOS MELLORES MESTRES
Como dar unha clase da Biblia co folleto Boas noticias
-
Le a pregunta numerada que aparece en letra grosa para que o estudante se centre na idea principal.
-
Le o parágrafo.
-
Le na Biblia as referencias que aparecen en letra cursiva. Usa preguntas ben pensadas para razoar co estudante sobre como o texto responde á pregunta numerada.
-
Se hai máis dun parágrafo debaixo de cada pregunta, repite os pasos 2 e 3. Se hai algún vídeo en jw.org que cadre co tema da pregunta, ensínallo nalgún momento da sesión de estudo.
-
A continuación, vólvelle facer a pregunta numerada para asegurarte de que entendeu a idea principal.