ISAÍAS 34-37
TESOUROS DA BIBLIA |A fe de Ezequías foi recompensada
Senaquerib, o rei de Asiria, enviou o ministro do tesouro a Xerusalén para esixir a rendición da cidade. Co obxectivo de conseguir que os xudeus se rendesen sen ofrecer resistencia, os asirios empregaron os seguintes argumentos:
-
Illamento. Exipto non vos vai ser de moita axuda (Is. 36:6).
-
Dúbidas. Xehová non vos dará a vitoria porque está desgustado con vós (Is. 36:7, 10).
-
Intimidación. Non tendes ningunha posibilidade de vencer o exército asirio (Is. 36:8, 9).
-
Tentación. Se vos rendedes, viviredes mellor (Is. 36:16, 17).
Ezequías mantivo firme a súa fe en Xehová
37:1, 2, 14-20, 36
-
Fixo todo o que estivo na súa man para preparar a cidade de cara ó asedio.
-
Orou a Xehová para pedirlle que os librase e animou o pobo a facer o mesmo.
-
A súa fe viuse recompensada cando Xehová enviou un anxo que exterminou 185.000 soldados asirios nunha noite.