A NOSA VIDA CRISTIÁ
Oremos polos irmáns que sofren persecución
A Biblia profetizou que o Demo perseguiría o pobo de Xehová a fin de entorpecer o labor de predicar (Xn. 15:20; Ap. 12:17). Como podemos axudar os irmáns que están a ser perseguidos noutros países? Orando por eles. Como di Santiago 5:16: “Moito pode a oración teimosa do xusto”.
Que podemos pedir? Podemos pregarlle a Xehová que lles dea coraxe e lles axude a non ter medo (Is. 41:10-13). Tamén podemos orar para que as autoridades teñan unha actitude favorable cara á predicación, “para que poidamos ter unha vida calma e serea” (1 Tim. 2:1, 2).
Cando Paulo e Pedro foron perseguidos, os cristiáns do primeiro século oraron por eles mencionando os seus nomes (Feit. 12:5; Rm. 15:30, 31). Aínda que non saibamos os nomes de tódolos irmáns que están sufrindo persecución, poderiamos mencionar a congregación, o país ou a zona onde están?