A NOSA VIDA CRISTIÁ
Non andedes agoniados
No Sermón do Monte, Xesús dixo: “Non andedes agoniados pola vosa vida” (Mt. 6:25). Como somos imperfectos e vivimos neste mundo de Satán, é normal que ás veces sintamos ansiedade. Non obstante, Xesús ensinoulles ós seus discípulos a non preocuparse demasiado (Sal. 13:3 [13:2, NM]). Por que? Porque un exceso de preocupación, mesmo polas necesidades básicas diarias, pode distraernos e dificultarnos buscar primeiro o Reino (Mt. 6:33). O que Xesús dixo a continuación axudaranos a deixar de preocuparnos innecesariamente.
-
Mt. 6:26. Que aprendemos de ollar para as aves do ceo? (w16.07-S páxs. 9-10 pars. 11-13)
-
Mt. 6:27. Por que andarmos agoniados é unha perda de tempo e enerxía? (w05-S 1/11 páx. 22 par. 5)
-
Mt. 6:28-30. Que aprendemos dos lirios do campo? (w16.07-S páxs. 10-11 pars. 15, 16)
-
Mt. 6:31, 32. Que diferenza hai entre os cristiáns e os que non serven a Xehová? (w16.07-S páx. 11 par. 17)
Por que temas quero deixar de preocuparme?