Ir ó contido

Ir ó índice

A NOSA VIDA CRISTIÁ

Vaite primeiro reconciliar co teu irmán

Vaite primeiro reconciliar co teu irmán

Imaxina que vives en Galilea nos tempos de Xesús. Fuches a Xerusalén para a Festa das Cabanas. A cidade é un fervedoiro de xente que chegou dende os recunchos máis afastados do país. Como lle queres facer unha ofrenda a Xehová, colles o año ó lombo e vaste abrindo paso con dificultade entre as moreas de persoas que abarrotan as rúas que levan ata o templo. Ó chegares, no templo non cabe unha palla porque está cheo de xente que tamén quere presentar unha ofrenda. Finalmente, chega a túa quenda. Pero nese intre lembras que un irmán, que pode estar en calquera parte da abarrotada cidade, ten queixas contra ti. Xesús diche o que deberías facer (le Mateo 5:24). Que faredes o irmán ofendido e máis ti para seguir o consello de Xesús e traballar pola paz? Marca a resposta correcta en cada unha das listas de embaixo.

O QUE EU DEBO FACER

  • Falar co irmán só se creo que ten unha boa razón para estar enfadado.

  • Intentar convencelo de que está equivocado se vexo que é demasiado sensible ou que ten parte da culpa.

  • Escoitalo con paciencia, deixalo falar, e mesmo se non o entendo de todo nin tiña intención de facerlle dano, desculparme de corazón por ferir os seus sentimentos.

O QUE O IRMÁN DEBE FACER

  • Contarlle a outros irmáns da congregación o que eu lle fixen para gañar apoios.

  • Botarme en cara o que pasou repasando ata o máis mínimo detalle, e esixirme que admita o meu erro.

  • Recoñecer a humildade e a valentía que eu precisei para ir falar con el, e perdoarme de corazón.

Aínda que hoxe en día non facemos sacrificios de animais como parte da nosa adoración, que ensinou Xesús sobre a relación entre estar a ben cos nosos irmáns e a adoración que Deus aproba?