A NOSA VIDA CRISTIÁ
Protexe o teu matrimonio
Para Xehová os votos matrimoniais son algo moi serio. El dixo que o home e maila muller deben manterse unidos (Mt 19:5, 6). Hai moitos matrimonios felices dentro do pobo de Xehová, inda así ningún matrimonio é perfecto. Todos se enfrontan a problemas. Non debemos deixarnos influír pola idea que ten moita xente de que, cando unha parella ten problemas, a solución é a separación ou o divorcio. Como poden os cristiáns protexer o seu matrimonio?
Ten en conta cinco pasos importantes:
-
Protexe o teu corazón ó rexeitar cousas que debilitan o matrimonio, como flirtear e o entretemento inmoral (Mt 5:28; 2Pe 2:14).
-
Fortalece a túa amizade con Deus e mailo teu desexo de agradarlle no teu matrimonio (Sl 97:10).
-
Sigue esforzándote por vestir a nova personalidade e ser amable coa túa parella, mesmo en cousas pequenas, para facerlle a vida máis fácil (Col 3:8-10, 12-14).
-
Mantén unha comunicación regular, respectuosa e de calidade coa túa parella (Col 4:6).
-
Cumpre coas necesidades sexuais e emocionais da túa parella con agarimo e amor (1Co 7:3, 4; 10:24).
Cando os cristiáns honran o seu matrimonio, danlle honra a quen o deseñou, Xehová.
DESPOIS DE VER O VÍDEO “CORRAMOS CON AGUANTE”. SIGAMOS AS REGRAS DA CARREIRA, RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS:
-
Aínda que un matrimonio comece ben, que desafíos pode encarar?
-
Como poden axudar os principios bíblicos a quen sente que no seu matrimonio non hai amor?
-
Que regras estableceu Xehová para o matrimonio?
-
Para que un matrimonio vaia ben, que se espera que fagan ámbolos dous membros da parella?